CÓNTAME UN CONTO.
miércoles, 16 de febrero de 2011
Contos en familia.
Presentámovos dous bonitos relatos para gozar dun ratiño de lectura,sobre todo estes días nos que non apetece saír da casa.Un é "Un conto cheo de lobos", de Roberto Aliaga e Roger Olmos,no que os lobos de todos os contos viven xuntos à espera de seren chamados, ata que surxe a posibilidade de faltar a comida.E tamén "A lúa ladroa ",na que a lúa faise co chupete dunha nena.Esperamos que sexa do voso agrado.
jueves, 4 de noviembre de 2010
"Gato Guille e os monstros"
O medo é algo natural e inevitable que forma parte da vida.Neste conto se trata o medo infantil e ao final , dálle unha volta certamente curiosa.
miércoles, 3 de noviembre de 2010
LENDO A BORIS.
Para inaugurar este espazo, recomendamos a lectura dos contos do osiño Boris .Gústanos pola súa delicadeza, calidade de imaxes e un galego moi coidado.Hai varios contos.É especial para os de tres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)